viernes, 19 de diciembre de 2025
lunes, 15 de diciembre de 2025
CALENDARIO SOLIDARIO ESTIÑO
Xa podedes comprar o calendario solidario Estiño, creado con debuxos característicos do Entroido galego feitos polos nenos e nenas da nosa Escola e doutros centros educativos.Todo o recadado é para a ONG AXUNICA que coopera no desenvolvemento económico e social de Nicaragua. Moitas grazas pola vosa colaboración!
viernes, 12 de diciembre de 2025
PREPARAMOS O NADAL
Moito xogo, moita arte e moito cante e baile polo Nadal. Aquí vos deixamos algunha mostra do que andamos a argallar na escola estes días. Pronto veredes o resultado de todo!
miércoles, 10 de diciembre de 2025
CORREO DE NADAL
Hoxe saímos da nosa escola para facer algo moi especial, levar á caixa de correo unha carta para felicitar o Nadal á nosa familia. Polo camiño atopámonos con algunha personaxe que nos encanta. Fíxonos moita ilusión! Aínda que faga frío é moi agradable e pasear polas nosas rúas nestas datas e ver todo adornado. Agardamos que a vós tamén vos guste vernos por aí!
martes, 2 de diciembre de 2025
CIENCIA E ARTE SOSTIBLES, POSTAIS DE PAPEL RECICLADO
Como todos os cursos, un dos obradoiros do mes da ciencia na biblioteca foi o de papel reciclado para facer as nosas postais de Nadal. Aquí podedes ver un vídeo do proceso: picamos papel, deixámolo en auga, batemos, e facemos o papel de novo, deixamos secar e listo! Tamén podedes ver o resultado final. Agardamos que vos guste!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...
-
Logo do Nadal, onde está Papá Noel? Esa foi a dúbida que lles xurdiu ós nenos e nenas de 4 anos e investigando, investigando deron co seu pa...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...



%20-%202(1).png)
%20-%201(1).png)