O contacontos do Coelliño branco, xa é un clásico na nosa escola. Este curso María maravillou tanto ó alumnado da escola, como a todos os asistentes á xornada de portas abertas que tivo lugar na tarde de hoxe. Agardamos que vos gustara!
martes, 24 de febrero de 2026
lunes, 23 de febrero de 2026
O HERBARIO DE ROSALÍA
Este curso para conmemorar o día de Rosalía relacionámolo co noso PDI: aventura botánica, e durante varios días escollemos a flor ou planta que máis nos gustou do libro “O herbario de Rosalía” e recopilámolas, e con todas elas fixemos o noso pequeno herbario, escribindo tamén os anacos de poemas onde Rosalía falaba de cada unha delas.
Premede na seguinte imaxe para ter acceso á nosa versión do Herbario de Rosalía.
viernes, 13 de febrero de 2026
OBRADOIROS DE ENTROIDO
Ó longo desta semana de Entroido a nosa biblioteca converteuse no centro neurálxico de diferentes obradoiros polos que fomos pasando cada un dos grupos. O primeiro deunos a coñecer, como se pode ver nas imaxes, diferentes personaxes do Entroido tradicional galego.
Tamén houbo un posto de maquillaxe e tatuaxes que nos permitiu converternos nas personaxes que máis nos gustan: Xeliña, arcos da vella, unicornios...
Así mesmo, decoramos as nosas antifaces para levar para a casa un recordo desta semana tan divertida e festeira.
Paralelamente, nas aulas puidemos xogar cunha chea de disfraces e complementos de moitas cores. Por suposto, non faltou a música.
E para rematar, convertemos a biblioteca nun obradoiro de roscas para fornear que puidemos degustar xunto con outros manxares na festa do venres. Pásamolo moi ben! Que viva o noso Entroido!
MANDADOS DE XELIÑA
Ó longo da semana do Entroido Xeliña, coa axuda de diferentes hortalizas e herbas, foinos pedindo que trouxéramos complementos moi divertidos. Para rematar, o venres tivemos unha festa na que puidemos lucir os nosos disfraces favoritos. Pasámolo moi ben!
martes, 10 de febrero de 2026
A PEQUENA GRAN INVENTORA, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Polo Día da muller e a nena na ciencia, Xeliña deixounos unha invitación no correo para ir á Casa da Cultura a ver unha obra de teatro A Pequena Gran Inventora de Trémola Teatro, na que Laura crea por casualidade unha piña que fala, unha representación das IA, coincidindo coa temática da edición deste ano. Pasámolo moi ben, Moitas grazas!
viernes, 6 de febrero de 2026
O NOSO ENTROIDO
Comezamos un entroido cheo de peliqueiros. Agardamos que vos guste a nosa interpretación deste traxe tan característico do entroido galego. O calendario Estiño deste ano inspirounos moito!
jueves, 5 de febrero de 2026
FAMILIAS QUE CONTAN
Hoxe veu a nai de Daniela falarnos da súa profesión e ensinarnos moitos dos aparellos e utensilios que emprega cada día. Tamén nos amosou diferentes tipos de peinado e mesmo puidemos practicar nós mesmos. Xa estamos listos para ir á perruquería sen ningún medo!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...
-
Logo do Nadal, onde está Papá Noel? Esa foi a dúbida que lles xurdiu ós nenos e nenas de 4 anos e investigando, investigando deron co seu pa...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...

%20-%207.png)
%20-%206.png)
%20-%2011.png)
%20-%2010.png)
%20-%2012.png)
%20-%204(2).png)
%20-%205.png)
%20-%208.png)
%20-%209.png)
%20-%201(2).png)
%20-%202(3).png)
%20-%203(3).png)