lunes, 31 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

     Coma todos os anos, conmemoramos este día ao longo de todo o curso, pero traballamos un pouquiño máis en concreto para o 30 de xaneiro, por iso decidimos facer este vídeo tendo en conta a letra da canción "una receta de paz", coas voces das nosas nenas e nenos.

Esperamos que vos guste e que enchades as vosas vidas destes ricos ingredientes.

LET'S DISCOVER INDIA

 Durante este trimestre tivemos connosco a Shadma como auxiliar de conversa. Shadma é da India e acompañounos nas clases de inglés ensinándonos o seu país e cultura.

 Fixemos varias actividades relacionadas ca India, queredes botar unha ollada?

 Primeiro localizamos a India no globo terráqueo. Sabíades que se tarda nove horas en avión ata chegar a España? 

  Tamén nos ensinou con moito orgullo a súa bandeira. Aprendemos que ten tres cores; "orange", "white", "green". 

  Aprendemos sobre os animais que viven na India. O "tiger" e o "peacock" foron os nosos favoritos! Facendo click aquí,  podedes xogar a un dos xogos.




  Practicamos o vocabulario xogando ao Kaboom por equipos...

....e tamén ao teléfono estropeado

  Descubrimos os traxes tradicionais da India; o "Saree" e o "Kurta". Son moi coloridos!

  Tamén houbo tempo para a música, escoitando e recoñecendo distintos instrumentos musicais. Podedes volver a escoitalos facendo click aquí.



  Debuxamos a flor nacional da India, o "lotus" vendo un vídeo e escoitando as indicacións da mestra. Gustounos moito ser capaces de seguir as instruccións e conseguir facer a flor.

  Despois de descubrir este país tan lonxano, démonos conta de que a pesares da distancia temos moitas cousas en común co conto titulado "Same, same but different". Onde un neno da India chamado Kailash cóntanos o seu día a día. Podedes escoitalo aquí.

Fixemos un debuxo de Sarria e da India. O que nos deu pé a falar sobre as diferencias pero sobre todo sobre as similitudes entre os dous lugares. Tamén nos serviu para darnos conta de todo o vocabulario aprendido!

E ata aquí a nosa viaxe pola India! Cal será a nosa próxima aventura?

domingo, 16 de enero de 2022

BOLETÍN INFORMATIVO 2º TRIMESTRE

     Dende o equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega, elaboramos este boletín para envíar ás familias coas actividades máis representativas deste trimestre.