Durante este trimestre tivemos connosco a Shadma como auxiliar de conversa. Shadma é da India e acompañounos nas clases de inglés ensinándonos o seu país e cultura.
Fixemos varias actividades relacionadas ca India, queredes botar unha ollada?
Primeiro localizamos a India no globo terráqueo. Sabíades que se tarda nove horas en avión ata chegar a España?
Tamén nos ensinou con moito orgullo a súa bandeira. Aprendemos que ten tres cores; "orange", "white", "green".Aprendemos sobre os animais que viven na India. O "tiger" e o "peacock" foron os nosos favoritos! Facendo click aquí, podedes xogar a un dos xogos.
Practicamos o vocabulario xogando ao Kaboom por equipos...
....e tamén ao teléfono estropeado
Descubrimos os traxes tradicionais da India; o "Saree" e o "Kurta". Son moi coloridos!
Tamén houbo tempo para a música, escoitando e recoñecendo distintos instrumentos musicais. Podedes volver a escoitalos facendo click aquí.
Debuxamos a flor nacional da India, o "lotus" vendo un vídeo e escoitando as indicacións da mestra. Gustounos moito ser capaces de seguir as instruccións e conseguir facer a flor.
Despois de descubrir este país tan lonxano, démonos conta de que a pesares da distancia temos moitas cousas en común co conto titulado "Same, same but different". Onde un neno da India chamado Kailash cóntanos o seu día a día. Podedes escoitalo aquí.
Fixemos un debuxo de Sarria e da India. O que nos deu pé a falar sobre as diferencias pero sobre todo sobre as similitudes entre os dous lugares. Tamén nos serviu para darnos conta de todo o vocabulario aprendido!
E ata aquí a nosa viaxe pola India! Cal será a nosa próxima aventura?
No hay comentarios:
Publicar un comentario