lunes, 27 de febrero de 2023
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
lunes, 20 de febrero de 2023
FESTEXAMOS O ENTROIDO
Ao longo desta semana festexamos na nosa escola o Entroido. Para comezar, nos nosos buzóns das aulas Xeliña deixounos unha carta coas consignas para cada día.
jueves, 9 de febrero de 2023
COMEZA O PRÉSTAMOS
O alumnado de 4 anos comezou co préstamos! Seguro que gozarán moito compartindo estes contos coas súas familias!
miércoles, 8 de febrero de 2023
CONTAMOS CONTIÑOS: OS MIL BRANCOS DOS ESQUIMÓS
jueves, 2 de febrero de 2023
O WOODPECKER E O MAPLE SYRUP
Como agradecemento polas nosas boas ideas para cambiar o mundo Xeliña agasallounos cun contacontos dunha historia que aprendeu na súa viaxe por Canadá, The woodpecker and the Maple Tree (O peto e o pradairo). Trátase dunha historia de axuda e colaboración que explica a orixe do Maple Syrup (xarope de pradairo).
Ademais, Xeliña tamén nos deu unha receita de pancakes (tortitas) para que puidéramos probar o xarope que nos trouxo de Canadá. Estaban boísimas!
MANS PEQUENAS CAMBIAN O MUNDO (DÍA DA PAZ)
Para conmemorar o Día Escolar da non violencia e a Paz, creamos un mural colaborativo con diferentes propostas e compromisos para facer do noso planeta a Terra un lugar mellor. Ademais, cada un de nós fixo o seu colgadoiro como recordo das nosas boas aportacións, así non esqueceremos nunca que "Mans pequenas cambian o mundo".
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...