Encantounos o conto Os mil brancos dos esquimós. Con el aprendimos algúns datos interesantes da cultura inuit e afinamos o noso sentido da vista buscando por toda a clase diferentes brancos como o protagonista do conto: branco taburete, branco caixa, branco rodillo...
Ademais, practicamos os trazos longos dun lado a outro e curtos de arriba abaixo co grafismo do iglú. Despois creamos un fondo para os nosos iglús con cores fríos e... Vestímonos como inuits empregando o traxe que Xeliña nos enviou dende o Museo de Historia de Canadá!
Por aquí vos deixamos algunha foto das nosas creacións e, por suposto, unha canción que xa é das nosas favoritas! Agardamos que tamén vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario