viernes, 14 de junio de 2024

CONTOS PARA A INCLUSIÓN

Ó longo do mes de maio na clase de 6º de infantil B estivemos creando unha composición co noso nome empregando diferentes sistemas de escritura. Tras a lectura de El libro negro de los colores empregamos o punzón para escribir o noso nome en braille e tamén o creamos dándolles textura ás letras con papeliños de cores. 

Ademais, practicamos o deletreo do noso nome empregando o alfabeto dactilolóxico e pegamos na composición un código QR que nos mostra o vídeo co noso signo unha vez o escaneamos. Encantounos vernos no teléfono móbil!

Se queredes acceder ó resultado desta actividade premede na portada do recopilatorio dixital. 

Encántanos aprender e coñecer diferentes maneiras de sentir a lingua escrita e, por suposto encántanos a Lingua de Signos. Así somos nós!



jueves, 13 de junio de 2024

FAMILIAS QUE CONTAN: A ovelliña que veu a cear

A prima de Noel, foi contar á súa clase o conto de "A ovelliña que veu a cear". DEspóis de contalo fixemos a nosa propia ovelliña.
Moitas grazas por pasar este ratiño con nós.

Se pinchades na imaxe podedes ver máis fotos.

miércoles, 12 de junio de 2024

FAMILIAS QUE CONTAN: EXPLOTACIÓN GANDEIRA

A mamá de Irene veu falarnos do seu traballo, adícase a gandeiría, falounos das súas vacas e ensinounos fotos. Tamén nos contou o conto de " El tiempo de las cerezas", que trata dun país que perdeu as súas cores, pero Nina  non se deu por vencida e despois de atopar unha caixa de lápices cambiou a súa vida e a do seu pobo. 

E para rematar déronlle a cada nena e neno unha vaquiña de cores feita por Irene e a súa familia.

Se pinchades na imaxe podedes ver máis fotografías.

Moitas gracias pola visita!