viernes, 14 de junio de 2024

CONTOS PARA A INCLUSIÓN

Ó longo do mes de maio na clase de 6º de infantil B estivemos creando unha composición co noso nome empregando diferentes sistemas de escritura. Tras a lectura de El libro negro de los colores empregamos o punzón para escribir o noso nome en braille e tamén o creamos dándolles textura ás letras con papeliños de cores. 

Ademais, practicamos o deletreo do noso nome empregando o alfabeto dactilolóxico e pegamos na composición un código QR que nos mostra o vídeo co noso signo unha vez o escaneamos. Encantounos vernos no teléfono móbil!

Se queredes acceder ó resultado desta actividade premede na portada do recopilatorio dixital. 

Encántanos aprender e coñecer diferentes maneiras de sentir a lingua escrita e, por suposto encántanos a Lingua de Signos. Así somos nós!



No hay comentarios:

Publicar un comentario