viernes, 29 de noviembre de 2024

THANKSGIVING DAY

 As you know, on the fourth Thursday of November, people in the United States of America celebrate Thanksgiving Day. It's a tradition to give thanks for what we have and eat turkey.

lunes, 25 de noviembre de 2024

CONTAMOS CONTIÑOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do 25N, Xeliña deixounos varios contos relacionados con este día, e a través deles aprendemos a importancia de respectar a liberdade dos demais.



CONTACONTOS 25N O MUNDO DE CORES DE ROQUE E LÍA

Con motivo da conmemoración do día internacional contra a Violencia de Xénero, tivemos no cole un contacontos do libro “O mundo de cores de Roque e Lía” da man da súa autora Paula Suárez.

jueves, 21 de noviembre de 2024

20 DE NOVEMBRO DÍA DA INFANCIA

Para conmemorar o Día da Infancia na nosa escola recordamos os nosos dereitos, sobre todo o dereito a ser nós mesmos!

FAMILIAS QUE CONTAN, EN ANIMALANDIA

Este mes recibimos a tres nais de nenas das clases de 5º de educación infantil que nos achegaron con diferentes actividades ó mundo do animais. 

Na clase de 5º A comezamos por unha afastada viaxe ó corazón de África co conto O elefante que perdeu o seu ollo, para rematar escoitando o conto dun animal máis cercano, o gato Misifú, mascota dunha das alumnas. 




Por outra banda, na clase de 5º B fixemos uns ourizos con material de refugallo e empregando un elemento moi típico desta época do ano, follas secas. Mirade canto se parecen ó noso amigo Púas!

miércoles, 13 de noviembre de 2024

QUE VIVA O MAGOSTO!

Hoxe celebramos o Magosto. Preparamos o lume e asamos as castañas. E despois de comelas, desfrutamos de xogos no patio, onde grandes e pequenos xogaron xuntos nas diferentes propostas.

Para o ano, mais e mellor!



martes, 12 de noviembre de 2024

XORNADAS MICOLÓXICAS

Hoxe visitamos a exposición organizada pola Asociación Micolóxica de Sarria na Casa da Cultura. Había cogomelos de formas, cores e tamaños moi diferentes. Mesmo eran moi distintos nas súas propiedades. Tamén aprendimos algúns consellos que hai que ter en conta á hora de apañalos. Aprendemos moito e pasámolo moi ben!




viernes, 8 de noviembre de 2024

ANIMALANDIA POR SAMAÍN

Como non podía ser doutra forma, o mundo animal foi a temática deste curso para as cabazas de Samaín. Por aquí vos deixamos algunhas delas. Mirade que bonitas!



domingo, 3 de noviembre de 2024

O SAMAÍN

Despois de días de preparación e decoración da nosa escola, o 30 de outubro por fin celebramos unha das nosas festas favoritas, o Samaín. Na biblioteca recibimos a visita da bruxa Brita que fixo un conxuro para facer desaparecer todos os nosos medos, que ó longo da semana fomos resistrando nun anaco de folio. Por suposto non podía faltar a comida terrorífica e na hora do almorzo creamos unhas arañas moi saborosas. E para rematar música, baile e disfraces no patio. Que divertido é o Samaín!