E para rematar o trimestre celebramos unha festa na que simulamos as badaladas coas que poñemos fin ó ano 2024 e damos comezo o 2025. O tradicional almorzo con chocolate e churros tampouco podía faltar! Canto nos gusta o Nadal na escola!
viernes, 20 de diciembre de 2024
POSTAIS E FESTA DE NADAL
VISITA DO APALPADOR
Hoxe foi o derradeiro día de escola deste ano e recibimos unha visita moi especial. O Apalpador, un personaxe moi representativo da nosa cultura, baixou dende as Montañas do Courel para visitarnos e festexar con nos a ledicia tan propia destas datas. A música e o humor encheron a nosa biblioteca! Foi moi divertido!
jueves, 19 de diciembre de 2024
FESTIVAL DE NADAL 2024
XELIÑA NO NADAL
Como xa ven sendo habitual, Xeliña argalla moito a derradeira semana de escola. Xa sabemos que o Nadal a emociona moito e ás veces non fai nada ó dereito. Pero nós ben sabemos o que temos que facer para tranquilizala, lerlle moitos contos de Nadal que nos vai deixando por correo!
viernes, 13 de diciembre de 2024
A FILLA DO APALPADOR
Hoxe tivemos a visita da Filla do Apalpador, unha actividade financiada pola Deputación de Lugo. Grazas á música e o baile coñecemos e desfrutamos da nosa cultura mediante a representación da filla dunha personaxe moi representativa do noso Nadal. Ademais, como non podía ser doutro xeito, a Apalpadora tamén nos achegou ó coidado da nosa contorna natural e a biodiversidade presente na nosa zona, dende as Montañas da provincia ata a cunca e ribeira do Miño. Unha vez máis destacamos a importancia de coidar e protexer os animais!
CONTAMOS CONTIÑOS, ¿QUÉ BIGOTES ME PASA?
Nas aulas de 4 anos achegámonos ó mundo das nosas emocións mediante o conto ¿Que bigotes me pasa? de Olga de Dios e María Leach. Tras escoitar a súa lectura, xogamos a intentar adiviñar que é o que lle pasa a bigotes empregando a cor que se corresponde coa súa emoción. Pero para resaltar todo o potencial desas cores fosforescentes empregamos lámpadas de luz negra. Encantounos e estamos desexando repetir!
jueves, 12 de diciembre de 2024
FAMILIAS QUE CONTAN
Hoxe tivemos a visita da nai dun alumno de 4°B que nos veu falar do seu traballo. Descubrimos a viaxe que fan as cartas e os paquetes para chegar ás nosas casas, quen leva os paquetes, que necesitan as cartas para que cheguen ó seu destino… Moitísimas cousas!
E para completar a visita, recolleu unhas cartas que os nenos e nenas da escola prepararon con moito cariño.Revisade os buzóns estos días, que igual tedes sorpresa!
miércoles, 11 de diciembre de 2024
RETO TRIMESTRAL: O MEU ANIMAL FAVORITO
martes, 3 de diciembre de 2024
SOMOS CAPACES 3 DE DECEMBRO
CIENCIA PARA COIDAR O PLANETA
O mes de novembro é o mes da ciencia en galego e na nosa escola aproveitamos para darlle unha segunda vida ó papel. Co noso tradicional obradoiro de papel reciclado os nenos experimentan as propiedades do papel e a auga nun proceso de transformación co que pretendemos facernos conscientes da importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta.
Coma en cursos anteriores, os anacos de papel resultantes do obradoiros serán o soporte das postais de Nadal. Poderedes velas en futuras entradas!
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...