Winter is the coldest season of the year, but the book "A Little Book about Winter" shows us that winter is not a season, it's a celebration!
viernes, 31 de enero de 2025
jueves, 30 de enero de 2025
DÍA DA PAZ: OLLADAS DE PAZ E O PARAUGAS DE XELIÑA
Hoxe celebramos na escola o Día da Paz e a non violencia. Para agradecernos o mural co que decoramos a entrada cheo de Olladas de Paz, Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, no que escoitamos "O paraugas de Xeliña" unha historia baseada no libro El paraguas de cebra que nos fala da importancia da amizade, a amabilidade e a convicencia pacífica independentemente da nosa "especie" ou procedencia.
E para rematar, entre todos cantamos a canción "A peor xogada" creada pola banda A música das baleas no CEIP de Caión.
viernes, 24 de enero de 2025
O FOGAR DOS PINGÜÍNS
Os nenos e nenas de tres anos estivemos experimentando coas propiedades do xeo e aprendendo acerca de dous dos estados da auga, líquido e sólido. Tamén aprendemos que o xeo conforma o hábitat de animais como os pingüíns e os osos polares, uns ecosistemas moi importantes que precisan a nosa protección para non derreterse.
jueves, 23 de enero de 2025
MÁIS CIENCIA E NEVE
martes, 21 de enero de 2025
CONTAMOS CONTIÑOS, UN COPO DE NIEVE EN EL BOLSILLO
Na clase de cinco anos contamos o álbum ilustrado Un copo de nieve en el bolsillo e despois fixemos neve artificial para a mesa sensorial empregando bicarbonato e auga. Gustounos moito!
ALGUNHAS ACTIVIDADES DE INVERNO
Comezamos o inverno! Un centro de interese que nos encanta e que nos serve como punto de partida para crear, contar, ler e imaxinar. Por aquí vos deixamos as primeiras imaxes. Agardamos que vos gusten!
AGASALLOS E ROBÓTICA
Estreamos agasallos de Nadal e iniciámonos na robótica. Pasiño a pasiño os nosos robots van chegando ó seu destino!
viernes, 10 de enero de 2025
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...