viernes, 28 de febrero de 2025

QUE VIVA O ENTROIDO! OBRADOIROS CREATIVOS

Durante a semana do Entroido desfrutamos cada día dun obradoiro diferente. Agrupándonos por niveis acudimos a diferentes espazos da escola para facer creacións con materiais e soportes moi variados. 

O luns decoramos as nosas fotografías en branco e negro  para darlles un aire festivo propio destas datas empregando diferentes cores e a técnica do collage. Co resultado final decoramos a entrada da escola. Quedou moi colorida!


O martes puxémonos por parellas para maquillarnos seguindo diferentes modelos ou botándolle imaxinación. Foi moi divertido!


O mércores creamos uns antifaces empregando pintura fosforescente, unha pintura moi especial que brilla nun ambiente alumeado por luz negra. Encántounos!


E para rematar, o xoves cociñamos roscas seguindo os pasos da receita que estaba escrita no encerado do comedor. Estas roscas comémolas na festa do venres. Foi xenial! 

QUE VIVA O ENTROIDO! OS MANDADOS DE XELIÑA

Ó longo da semana do Entroido Xeliña, coa axuda de diferentes animais, foinos pedindo que trouxéramos complementos moi divertidos. Para rematar, o venres tivemos unha festa na que puidemos lucir os nosos disfraces favoritos. Como veredes no vídeo, pasámolo moi ben!






martes, 25 de febrero de 2025

A TARABELA AMBULANTE

O pasado venres o alumnado de 6º de educación infantil fomos á Casa da Cultura á estrea da obra de teatro "A tarabela ambulante", un espectáculo que nos ensinou a importancia do aburrimento para deixar voar libre a nosa creatividade e imaxinación. Gustounos moito!

EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO, DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres, conmemoramos este día tan importante recordando un dos poemas de Rosalía, "O Moucho". Os pequenos fixeron unha chapa e aprenderon a coreografía do poema que bailamos todos xuntos.


martes, 18 de febrero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe celebramos a nosa xornada de portas abertas cun contacontos, O coelliño brancoMoitas grazas a todas as familias que viñeron visitarnos!

lunes, 17 de febrero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: QUEDA SITIO PARA MIN?

Este inverno contamos ¿Queda sitio para mi?, fermosa lectura sobre a importancia de compartir. Os maiores da escola e os pequenos fixeron unha actividade plástica para poder contar o conto coas personaxes. 

NOVIDADES NO PRÉSTAMO

O mes de febreiro chegou cargado de novidades no préstamo lector. Por unha banda, o alumnado de 5º e 6º intercambiou os exemplares prestables cos nenos e nenas da outra clase e, por outra, o alumnado de 4º estreouse nesta rutina que tanto gusta. Agora toca desfrutar da lectura compartida en familia! 


viernes, 14 de febrero de 2025

VALENTINE'S DAY

We celebrated this special date with an activity full of love. It consisted of decoraring a red heart with a message to someone special.

JANE GOODALL, UNHA MULLER CIENTÍFICA

O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non reciben os recoñecementos que merecen polo seu traballo. Durante toda a semana fomos descubrindo a historia de Jane Goodall que viviu durante moitos anos entre chimpances e fixo estudos moi importantes sobre estes primates ó tempo que os protexía dos cazadores furtivos. Hoxe, como colofón final, recibimos na biblioteca unha visita moi divertida. Foi xenial!


DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Por aquí vos deixamos as nosas creacións para este 14 de febreiro, agardamos que vos gusten. Feliz día do Amor e da Amizade! 

jueves, 13 de febrero de 2025

Medímonos con policubos

Na clase de 5 anos B medímonos con policubos. Pero non só a nos, tamén medimos a Xeliña e ás mestras Uxía e Rocío. Agora sabemos canto medimos todas e todos.

miércoles, 12 de febrero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: CON TANGO SON TRES

Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola no seguinte vídeo. Agardamos que vos guste tanto como a nós!

jueves, 6 de febrero de 2025

VISITA DAS VETERINARIAS DA CLÍNICA BITXINHOS

Como parte do Plan Proxecta+ “Protexe os animais” hoxe recibimos a visita do persoal da clínica veterinaria “Bitxinhos”. Grazas Giovanna e Mélody por contarmos como coidar ás nosas mascotas.
 

lunes, 3 de febrero de 2025

POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA

Este ano decidimos celebrar o 2 de febreiro o día da Candeloria.
E grazas ó libro Entre rías de @celiaveigart, unha bonita historia de dous paxariños que se mudan, foi unha ledicia para os pequenos e pequenas!