jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN: VROOM ON THE BROOM E APÓCEMA BOTÁNICA

Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apócema botánica" para espantar o mal de ollo, pero en cada aula recibimos un diferente polo que houbo que xuntalos todos e cooperar. Fomos convidados á biblioteca onde tivo lugar a maxia e ó final de todo puidemos probar a apócema. Sabía moi ben!

Por suposto, tampouco faltaron os contos e a música, e como á festa do Samaín lle chaman Halloween nos países angloparlantes a teacher contounos o conto Vroom on the Broom unha historia chea de ritmo e musicalidade. Foi moi divertido!

E como non, puidemos desfrutar toda a semana da Exposición de Cabazas Botánicas, o primeiro reto trimestral deste curso. Grazas familias pola colaboración!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo destas actividades xunto coas cartas de Xeliña e o conxuro. Agardamos que vos gusten!




lunes, 27 de octubre de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS EN SAMAÍN

 O Samaín é tempo de contar contos de medo e tamén moi divertidos! Por aquí vos deixamos as nosas propias versións de A pantasma colorida e Corre, corre cabaciña. Agardamos que vos gusten!


viernes, 24 de octubre de 2025

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Hoxe celébrase o Día das Bibliotecas e dende a Biblio Xeliña puxemos en marcha dúas actividades moi especiais. 
Por unha banda, un contacontos dirixido ó alumnado de maior idade da escola, a modo de presentación de Xeliña e os seus amigos. Coa chegada do outono, todos os animais están moi atarefados e non paran de discutir ata que un suceso máxico lles fai descubrir que é mellor colaborar. Encántanos este conto!


Por outra banda, o alumnado de maior idade da escola acudiu á biblioteca Camilo Gonsar situada na Casa da Cultura, onde Xeliña deixara preparada unha sorpresa, unha busca do tesouro para conseguir os carnés da biblioteca. Coa axuda de Ernesto puidemos descubrir todas as pistas e abrir finalmente o cofre Moitas grazas!



miércoles, 22 de octubre de 2025

O SAMAÍN ESTÁ PREPARADO

A nosa escola xa está adornada e preparada para a festa do Samaín. Este curso enchemos o recibidor de pantasmas coloridas. Agardamos que vos gusten! 




E recordade, a partir do próximo luns podedes comezar a traer as vosas cabazas. Estamos desexando velas!


martes, 7 de octubre de 2025

O OUTONO DÁ OS SEUS FROITOS

Como xa sabedes o outono é a estación preferida de Xeliña, por iso nos deixou nas aulas un platiño con froitos do outono, puidemos tocalos, aprender o seu nome, clasificalos, cheiralos e incluso probalos! Moitas grazas Xeliña.



jueves, 2 de octubre de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: ISTO NON É UNHA CAIXA E TITO MALABARISTA

Esta semana Xeliña deixounos dou contos moi divertidos, Isto non é unha caixa, co que imaxinamos en que podemos convertir unha caixa e Tito malabarista, co que despois de axudarlle a buscar o seu nariz xogamos a clasificar cores.