martes, 30 de mayo de 2023

CONTACONTOS SABELA GAGO

 Hoxe ao chegar á escola tiñamos correspondencia de Xeliña, abrimos os buzóns e dentro estaba unha invitación para asistir a un contacontos na biblioteca.

Na hora acordada saímos todos, e alí estaba a gran Sabela Gago, escoitamos de Martín e Martinae creamos maxia co seu lápiz máxico. 

Gustounos moito.

martes, 23 de mayo de 2023

jueves, 18 de mayo de 2023

CONVIVENCIA CO CEIP PLURILINGÜE ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ

 Hoxe tivemos unha visita moi especial, as nenas e nenos do cole de Oural viñeron a coñecer o nosa escola. 

Recibímolos na biblioteca, presentámoslles a Xeliña e contamos un conto. Eles tamén trouxeron a súa mascota, Antolín, que nos escribiu unha carta agradecendo a invitación. Fixéronse moi amigos, intercambiamos agasallos e incluso nos invitaron a ir a coñecer a súa biblioteca.

e para rematar a convivencia apareceu no patio un Mago, deixounos abraiados coa súa maxia.

Grazas por visitarnos.




lunes, 15 de mayo de 2023

FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS

 Para conmemorar esta data tan especial, a nosa mascota da biblioteca preparounos unha xincana de xogos. Nos buzóns deixounos unha nota explicándonos os xogos e como tiñamos que facer, estabamos desexando comezar!!

Formamos 8 grupos para ir rotando polos talleres, que son os seguintes:

- Marcapáxinas con flores recollidas polas familias.



- Grafismo creativo para crear a nosa vaixela de Sargadelos.

- Retrato popart de Francisco Fernández del Riego.

 

- Elaboramos a nosa identificación para o Camiño de Santiago

- Xogamos coa música, con instrumentos tradicionais.

- Xogo da silla a ritmo de Muiñeira.


- Vestimos a Xeliña co traxe tradicional

- Carreira de obstaculos e quebracabezas do autor.


Nas imaxes podedes ver o ben que o pasamos.


CONTAMOS CONTIÑOS: "ESA ES MI FLOR"

 Hoxe saímos ao patio a escoitar a historia deste pequeno esquío e o seu amigo páxaro. Sabedes que lles pasou con esta flor?

Despois do conto fixemos un debuxo do que máis nos gustou.






jueves, 11 de mayo de 2023

FAMILIAS QUE CONTAN: UNHA MATÉMATICA E UN COCIÑEIRO

Ao longo desta semana tivemos dúas visitas moi interesantes de dúas familias da escola.
A primeira foi a mamá de Darío, que veu cargadiña de moitos xogos e actividades matemáticas, mirade que ben o pasaron e canto apernderon. Moitas grazas.




E outro foi o papá de Triana, que se animou a preparar un biscoito na clase, estaba delicioso!!!! moitas grazas.

miércoles, 10 de mayo de 2023

Pintamos as nosas cunchas

 Canto estamos a aprender do Camiño de Santiago, hoxe tocou pintar as cunchas propias dos peregrinos




martes, 9 de mayo de 2023

CHARLA FAMILIAS: ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Onte pola tarde achegáronse á escola 2 nutricionistas do Sergas que prestan servicios no centro de saúde de Sarria e da Fonsagrada, para dar unha charla ás familias.
Déronnos varias recomendacións moi útiles de cara á alimentación dos nenos e nenas, explicándoas dun xeito moi visual.
Tamén nos falaron do etiquetado dos alimentos, dos nutrintes esenciais para o crecemento e do rexeitamento a determinados alimentos por parte das nenas e nenos.
Moitas grazas por vir á nosa escola a contestar a todas as nosas preguntas e inquedanzas.



lunes, 8 de mayo de 2023

RETO TRIMESTRAL: CREAMOS UN XARDÍN

 O reto que proposto por Xeliña para as familias da escola este trimestre seguiu relacionado coa reciclaxe, esta vez, coa chegada da primavera, propúxolles a creación dun xardín, empregando material de refugallo.

E como era de esperar mirade o resultado. IMPRESIONANTE!!! 

Grazas familias por participar.