Onte pola tarde achegáronse á escola 2 nutricionistas do Sergas que prestan servicios no centro de saúde de Sarria e da Fonsagrada, para dar unha charla ás familias.
Déronnos varias recomendacións moi útiles de cara á alimentación dos nenos e nenas, explicándoas dun xeito moi visual.
Tamén nos falaron do etiquetado dos alimentos, dos nutrintes esenciais para o crecemento e do rexeitamento a determinados alimentos por parte das nenas e nenos.
Moitas grazas por vir á nosa escola a contestar a todas as nosas preguntas e inquedanzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario