jueves, 16 de mayo de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA

 Hoxe nos buzóns das aulas Xeliña deixounos unhas notas das actividades que vamos a facer ao longo desta semana.



Falamos da autora á que se lle adica este 17 de maio, de onde era, que facía,...
Vimos que tamén Xeliña nos deixou un cadro doutra artista galega, Lara Lars, e pediunos que pensaramos en cousas típicas da nosa terra e facer un mural collage con elas. 
Este foi o resultado.

Outra actividade que fixemos, foi en colaboración co IES Gregorio Fernández de Sarria, un grupiño de nenas e nenos da ESO e BAC, fixéronnos unha exposición sobre a vida de Luísa Villalta, moitas grazas por vir.





E para rematar esta semana das Letras Galegas fixemos unha pequena actuación de música tradicional galega. As nenas e nenos de 4 anos coa axuda da súa mestra, Marta, tocaron a muiñeira de Lugo, e un grupiño de nenas e nenos de 5 anos fixeron o baile.
Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario