Ao longo destes meses, aprendemos a traballar co escornabot.
O primeiro que fixemos foi presentárllelo aos nenos/as e explicarlles o seu funcionamento.
En cada aula fixemos diferentes actividades. Coas nenas e nenos de 3 aniños, o xogo foi máis libre, comezamos a mover o escornabot pola aula libremente e tamén fixemos circuitos con pezas de construcción.
Na aula de 4 anos, aproveitando que estaban traballando o conto da "Eiruga comellona", fixemos un taboleiro sobre él.
Convertimos a escornabot nunha eiruga e tiña que ir pasando por todas as froitas que comeu no conto, en orde, seguindo outras consignas, por cores,...E decir, empregámolo de diferentes maneiras.
E cos maiores do cole, cos de 5 anos, estivemos traballando o conto "Sopa verde", contámolo, e falamos sobre alimentos saudables e non saudables, escribimos na pizarra unha lista.
Nas seguintes sesións, cada un escolleu un alimento e debuxouno, con eses debuxos fixemos tarxetas para o noso panel do escornabot.
E despóis só nos faltaba decidir como empregalos no taboleiro. e pouco a pouco fomos facendo a nosa guía do xogo.
Ademáis do material para o taboleiro, tamén fixemos unhas ruletas para traballar a lectoescritura e a discriminación entre alimentos saudables e non saudables.
Pinchando na imaxe podedes descargar o material elaborado.
E con todo esto puxémonos a xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario