A nosa investigación sobre Jane Godall que comezou no mes de febreiro non só espertou o noso interese polos primates senón tamén polo seu hábitat, a selva. E que é o que lle dá ás follas esa cor tan verde? Pois a clorofila!
Puidemos descubrilo grazas a un experimento no que introducimos dúas follas en recipientes de cristal: un con auga e outro con alcohol. A segunda folla acabou perdendo a súa cor verde xa que o alcohol absorbeu toda a clorofila. Ó final conseguimos un líquido moi interesante para pintar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario