martes, 11 de marzo de 2025

XORNADA MATEMÁTICA NO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ

Hoxe, o alumnado de 6º de infantil, acudiu ao IES Xograr Afonso Gómez como parte da conmemoración da semana das matemáticas. Alí realizamos unha serie de obradoiros organizados polo alumnado de 2º de bacharelato e a súa profesora de matemáticas.

Fixemos xogos de parellas matemáticas, escoitamos a historia do número infinito, aprendimos a diferenciar entre "maior que" e "menor que". Logo da merenda realizamos diferentes de actividades por equipos onde tiñamos que ir selando o noso pasaporte matemático cada vez que completabamos un.

Unha xornada divertida chea de aprendizaxes. Moitísimas grazas por convidarnos, estamos desexando volver!


No hay comentarios:

Publicar un comentario