viernes, 16 de enero de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe visitounos a nai de Martín, veu a falarnos do seu traballo, é enfermeira.

Ensinounos como se ten que vestir para entrar no quirófano, utensilios que empregan, como nos colocan unha vía, etc. e o que máis nos gustou foi unha ambulancia coa que nos levarían en caso de ter que operarnos.

Tamén nos ensinou como temos que facer en caso de ver a alguén que non se move, que lle pasa algo;  pedir axuda e chamar o 112. E para rematar ensinounos como facer unha RCP. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Moitas grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario