viernes, 19 de junio de 2026

DÁLLE RITMO Ó VERÁN

Rematamos o curso con moito ritmo. Na derradeira festa o noso alumnado puido rotar por diferentes postos: baile de disfraces, obradoiro de colares, decoración de camisetas e pintura mural. Foi moi divertido! Vémonos en setembro!






jueves, 18 de junio de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

No mes de xuño as familias contaron moito. Por aquí vos deixamos unha pequena mostra. Grazas a todos e todas por vir compartir tempo con nós! Ata o curso que vén! 





XELIÑA RECOMENDA

Por aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Felices vacacións!

 

martes, 16 de junio de 2026

CAMBIA O CONTO, ACTUACIÓN MUSICAL

Hoxe desfrutamos dun divertido espectáculo, "Cambia o conto" de Música Miuda. Pasámolo en grande. Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración e a Xoaniña Creativa por facernos desfrutar dos contos e a música.

 

lunes, 8 de junio de 2026

O BISCOITO DE COCORICO

Esta semana convertémonos en auténticos/as cociñeiros/as! Despois de coñecer o conto Cocorico, puxemos o mandil e seguimos a receita para preparar un delicioso biscoito de iogur.

🥚 Batemos os ovos
🥄 Mesturamos os ingredientes
🍋 Engadimos a reladura de limón
🤝 Traballamos en equipo e compartimos tarefas

Foi unha experiencia chea de aprendizaxes, na que practicamos a lectura de receitas, a medición de cantidades, a motricidade fina e, sobre todo, a colaboración entre compañeiros/as.

O mellor chegou ao final: degustar o noso biscoito caseiro!

miércoles, 3 de junio de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Pablo, o pai de Helvia e Xiana. Veu para explicarnos como viven as abellas e como se produce o mel.

Trouxo diferentes materiais que utiliza no seu traballo, como o traxe de protección, os luvas e o afumador. Contounos que as abellas son moi importantes para a natureza porque axudan a polinizar as flores e os cultivos.

Tamén nos ensinou un panal e puidemos observar como almacenan o mel. Aprendemos que nunha colmea viven miles de abellas e que cada unha ten unha función diferente.

Ao final da charla fixemos preguntas e deixounos mel e pole para probar, tamen nos trouxo un agasallo para cada un. Foi unha experiencia moi interesante e divertida, e aprendemos moitas cousas sobre o mundo das abellas.

Moitas grazas! Encantounos!

martes, 2 de junio de 2026

AVENTURA BOTÁNICA, EXPERTAS POLINIZADORAS

O longo deste trimestre, nas aulas de 3 anos estamos a aprender moito das grandes polinizadoras do mundo botánico, as abellas.  A través de contos, cancións, manualidades e xogos, descubrimos como estes incribles insectos axudan a polinizar as flores e a que crezan as froitas e verduras que comemos cada día. 
Tamén falamos de como podemos coidalas, como nacen, onde viven, como se organizan e unha chea de datos curiosos destes pequenos bechos, sobre todo cales son as súas flores e plantas favoritas. 


AVENTURA BOTÁNICA EN FLOR

Ó longo deste trimestre nas aulas de 4 anos estamos aprendendo moito sobre as flores. Con todo o aprendido estamos creando un pequeno inventario no que incluímos as nosas flores preferidas. Tamén as estamos interpretando mediante diferentes técnicas plásticas e, por suposto, non deixamos de contar, ler e escribir empregando as flores como centro de interese. Menuda colección botánica!







DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, RUTA POLAS ACEAS

Como o día 5 de xuño se celebra o Día Mundial do Medioambiente, hoxe percorremos a fermosa ruta das Aceas, que descorre pola nosa vila. Como non podía ser doutro xeito, neste curso de "Aventura botánica" fixemos o camiño mentres falabamos sobre as árbores e plantas da nosa contorna.
Rematamos a andaina cunha merenda e xogos no parque do Chanto.
Un día para valorar e disfrutar do noso entorno, sempre de xeito respetuoso.

viernes, 29 de mayo de 2026

BYE JESS, THANK YOU AND GOOD LUCK!

Esta semana tocounos despedirnos de Jess, o noso auxiliar de conversa procedente de Filipinas que nos acompañou dende outubro e nos achegou os aspectos máis significativos da súa cultura. Estes últimos días compartiu con nós dous xogos tradicionais do seu país, o piko moi similar á mariola, e o patintero parecido a "polis e cacos". Moitas grazas por este tempo compartido e boa sorte Jess!


miércoles, 27 de mayo de 2026

CONTAMOS CONTIÑOS, COCORICO

Hoxe o noso elenco de actrices e músicas deleitáronos cunha divertida actuación, converténdose en Cocorico, mamá Galiña e Gato Pelado. Despois Cocorico e a mamá Galiña repartiron o biscoito polas clases e propuxeronlle ó alumnado un novo obradoiro de cociña, biscoito de limón como o do conto. Agora toca esperar para que Xeliña nos deixe a receita no correo, pero primeiro temos que pedirlla cunha carta. Así escribir é moi divertido e emocionante! 


viernes, 22 de mayo de 2026

NOVOS RECANTOS NO PATIO

Esta semana estreamos dous recunchos novos no patio, lectura e construción. Están sendo os nosos favoritos! 

FAMILIAS QUE CONTAN

Por aquí vos deixamos tres novas entregas da sección familias que contan. Por unha banda, Marta, a nai de Erea, que contou o conto Oito patas na clase de 4º B. Por outra, Diego, o pai de Breixo, que contou Que mal día, gato Klops! e A banda que ninguén coñece na clase de 5ºB. Logo dos contos puideron decorar a Klops, ilustración de Estefanía Padullés. E, para rematar, Jose, pai de Helena, veu contar un conto á súa clase, Telma el unicornio. Tamén nos falou sobre a hixiene ocular. Grazas a todos por vir! Encantounos!



miércoles, 20 de mayo de 2026

OBRADOIRO LUZ NEGRA

Por aquí vos deixamos o obradoiro de luz azul que fixemos na clase de cinco anos B. Con cores fluorescentes fixemos diferentes creacións florais. Encantounos!


martes, 19 de mayo de 2026

EXPOSICIÓN ARTE EN FLOR

Hoxe puido visitarse na nosa biblioteca a derradeira exposición do curso con todas as creacións do reto do terceiro trimestre "Arte en flor". Moitas grazas nenos e nenas e familias polas vosas achegas, menudos artistas!



domingo, 17 de mayo de 2026

AS NOSAS LETRAS, BEGOÑA CAAMAÑO

Hoxe é o día das nosas Letras. Este ano está dedicado a Begoña Caamaño e na nosa escola fixemos un mural colaborativo baseado nas ilustracións de Agustina Shuan para o libro Begoñísima da editora Cuarto de Inverno. Tamén creamos entre todos un xogo de memoria con imaxes relacionadas con aspectos da sía vida. Que vivan as nosas Letras e a nosa lingua!





viernes, 15 de mayo de 2026

A NOSA MÚSICA

Hoxe comezamos os festexos das Letras Galegas dunha maneira moi especial, tivemos de concerto na nosa escola a cargo dalgúns músicos da ESMUSA que nos viñeron a tocar varias pezas de música tradicional galega. Gustounos moito, Moitas grazas!


jueves, 14 de mayo de 2026

AÍ VÉN O MAIO, QUE MAIO É

Hoxe celebramos o Maio, unha festa popular galega que ten lugar ao comezo da primavera, cuxas orixes remóntanse ás civilizacións prerromanas.
Durante as festas realízanse representacións, bailes e cantos arredor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que hoxe en día adoptan formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.
Así de bonito nos quedou o noso maio!


martes, 12 de mayo de 2026

VUELA PLUMA

Hoxe desprazámonos ata Lugo para asistir ó espectáculo teatral "Vuela pluma" no auditorio Gustavo Freire. Encantounos!

lunes, 27 de abril de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN, O GALO QUE PUXO UN OVO

Hoxe as nenas e nenos de 3 anos tivemos unha visita moi especial. Lucía, a mamá de André, veu contarnos o conto O galo que puxo un ovo, unha historia moi divertida.
Despois de contalo ensinounos un vídeo de cómo nacen os pitiños, e xa para rematar, trouxo dous de verdade, encantounos velos e tocalos. Moitas grazas por animarte a vir.