martes, 13 de diciembre de 2022

RETO TRIMESTRAL: "ISTO NON É UNHA CAIXA!"

    Xa sabedes que a Xeliña lle encantan os contos, verdade? Pois un día lendo "Non é unha caixa" de Kalandraka, ocurríuselle a idea de propoñervos un reto moi divertido.

E este foi o resultado de todo o que fixestes, encantounos!! Mirade que adornada quedou a nosa biblioteca.







E como queríamos compartilo con todos e todas vós, fixemos unhas invitacións para poder visitar esta exposición na nosa biblioteca.




Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

viernes, 9 de diciembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro foi o mes da ciencia en galego e como na nosa escola temos "os pés na Terra" propuxemos dous experimentos para transformar "lixo" en detalles e agasallos propios das datas do Nadal. Seguindo coa tradición, o primeiro obradoiro que tivo lugar foi o de crear papel reciclado para as postais coas que os nenos e nenas felicitarán as festas ás súas familias. Ademais, tamén decidimos reutilizar ceras de cores aparentemente inservibles dándolles unha nova forma moi típica destas datas. Grazas á ciencia, un Nadal "Cos pés na Terra" é posible!





XELIÑA VOLVE Á ESCOLA

Por fin volveu Xeliña da súa viaxe a Canadá! A finais do mes de novembro unha última carta que Xeliña deixou nos nosos buzóns contábanos que acababa de volver da viaxe e nos agardaba na biblioteca cuns agasallos moi especiais. Ademais, os nenos e nenas de 5º B quixeron compartir co resto de grupos unhas bandeiras de Canadá para decorar as súas aulas. A viaxe de Xeliña chegou á súa fin pero agora gardará na nosa biblioteca todo o que aprendeu de Canadá. Seguro que nos invita a investigalo moi pronto!