lunes, 13 de noviembre de 2023

CONTAMOS CONTIÑOS NO MAGOSTO

Para festexar o magosto na nosa escola Xeliña preparounos un contacontos moi divertico, " A castaña que reventou de risa". Para escoitalo, Xeliña coma sempre, invitounos á biblioteca, a cal tiña moi adornada.



E despóis tamén levamos para a casa as castañas asadas nas bolsiñas que preparamos estos días.


Pasámolo moi ben.

lunes, 6 de noviembre de 2023

TALLERES DE SAMAÍN EN INGLÉS

Como xa sabedes a Xeliña encántanlle as festas, e mais as relacionadas con esta época do ano. Por iso, e coa axuda da mestra de inglés e o auxiliar de conversa Eli, preparou na biblioteca uns talleres moi terroríficos!!! plastilina con figuras de halloween, mesa sensorial buscando as letras e escribindo as palabras, monstro con palliñas e témpera e ficha da canción "Knock Knock trickt or treat.
Que ben o pasamos!!








jueves, 2 de noviembre de 2023

CONTAMOS CONTIÑOS: A BRUXA PAMPURRIAS

Nesta semana de Samaín Xeliña deixounos varios contos na biblioteca relacionados con esta temática. E entre todos eles escollemos o de "A bruxa Pampurrias", e ata apareceu a bruxa de verdade para contarnos a súa historia, de como se converteu en granxeira. 
Despois decoramos os ovos dos que saíron pitiños igualiños ca súa mascota.
Moitas grazas bruxa Pampurrias.