jueves, 7 de marzo de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTURA E MANUALIDADES: 8 MARZO

Xeliña recomendounos estes contos para conmemorar este día...


E tamén en cada aula fixemos unha pequena manualidade para levar para a casa.

miércoles, 6 de marzo de 2024

AS NOVAS DO XELA

Esta semana, con motivo da semana da prensa, traballamos con periódicos na aula, buscamos letras, números, aprendemos as partes dunha noticia,.., e moitas cousas máis.



 E ata saímos na prensa!!!

E despóis deste traballo decidimos facer nós un xornal, o noso xornal. Cada aula pensou unha noticia e púxose mans a obra. Con todas elas démoslle vida ao xornal número 1 do Xela Arias, titulado "As novas do Xela".

Pinchando na imaxe podedes descargar o Xornal.

E para dalo a coñecer, ademáis de lavalo para a casa, saímos pola nosa vila e repartimos varios exemplares, para que todos coñezan as novas da nosa escola.
Moitas grazas a todas e todos.


viernes, 1 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA: REVOLTO DE CHAMPIÑÓNS

 Despois de moitos días de investigación o proxecto dos cogomelos chegou ao seu fin cunha receita deliciosa. 

Convidamos ao alumnado da outra clase a probar o revolto de champiñóns  e eles ensináronnos o conto que crearon entre todos ao longo destas semanas.






Se queredes ver un exemplo do noso libro dos cogomelos premede na seguinte imaxe. Agardamos que vos guste!