miércoles, 11 de diciembre de 2024

RETO TRIMESTRAL: O MEU ANIMAL FAVORITO

O reto deste primeiro trimestre rematou este martes día 10 de decembro coa exposición de todas as creacións na biblioteca da escola. Este espazo encheuse de diferentes representacións dos animais que máis nos gustan. Moitas grazas a todos e todas por participar! Agardamos que vos gustara!



martes, 3 de diciembre de 2024

SOMOS CAPACES 3 DE DECEMBRO

O Día 3 de decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidade. Nós cremos que tod@s somos capaces de facer moitas cousas, tod@s somos superheroes e superheroínas con superpoderes.

CIENCIA PARA COIDAR O PLANETA

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego e na nosa escola aproveitamos para darlle unha segunda vida ó papel. Co noso tradicional obradoiro de papel reciclado os nenos experimentan as propiedades do papel e a auga nun proceso de transformación co que pretendemos facernos conscientes da importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta. 

Coma en cursos anteriores, os anacos de papel resultantes do obradoiros serán o soporte das postais de Nadal. Poderedes velas en futuras entradas!