martes, 10 de febrero de 2026

A PEQUENA GRAN INVENTORA, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 


Polo Día da muller e a nena na ciencia, Xeliña deixounos unha invitación no correo para ir á Casa da Cultura a ver unha obra de teatro A Pequena Gran Inventora de Trémola Teatro, na que Laura crea por casualidade unha piña que fala, unha representación das IA, coincidindo coa temática da edición deste ano. Pasámolo moi ben, Moitas grazas!

viernes, 6 de febrero de 2026

O NOSO ENTROIDO

Comezamos un entroido cheo de peliqueiros. Agardamos que vos guste a nosa interpretación deste traxe tan característico do entroido galego. O calendario Estiño deste ano inspirounos moito!

jueves, 5 de febrero de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe veu a nai de Daniela falarnos da súa profesión e ensinarnos moitos dos aparellos e utensilios que emprega cada día. Tamén nos amosou diferentes tipos de peinado e mesmo puidemos practicar nós mesmos. Xa estamos listos para ir á perruquería sen ningún medo!