Hoxe dende o Concello de Sarria e a Concellería da Muller fixéronnos entrega dun lote de contos e libros coeducativos para a nosa biblioteca.
Moitas grazas
Hoxe dende o Concello de Sarria e a Concellería da Muller fixéronnos entrega dun lote de contos e libros coeducativos para a nosa biblioteca.
Moitas grazas
Hoxe, 14 de xuño, gracias a María, puidemos conmemorar este día, intentamos concienciar a toda a comunidade educativa da importancia destas linguas, e para esto, fixemos todas estas actividades.
María, mediante unha presentación, explicounos como era a vida das persoas xordomudas, como facían para despertarse, para escoitar o choro do seu bebé, para chamar a outras persoas, etc. E tamén nos aprendeu uns signos moi faciliños, saúdos, nomes da familia, animais e cores.
Despois do recreo seguimos coas actividades, esta vez as profes, xunto con María e Eva a nosa intérprete, cantamos a canción do Monstruo das Cores en lingua de signos, pasámolo moi ben.
E xa para rematar esta xornada, fixemos un xogo cooperativo no patio, o xogo do elefante. Que divertido foi todo!!! E canto aprendemos.
Onte, por medio da ANPA da nosa escola, tivo lugar na nosa escola un obradoiro moi divertido, da man de Branca Villares e o seu axudante (de Fapacel Lugo). Puidemos aprender varias cantigas e bailes, acompañados de instrumentos como o bombo e a gaita. Pasámolo en grande.