viernes, 20 de diciembre de 2024

POSTAIS E FESTA DE NADAL

En entradas anteriores compartimos a preparación do papel reciclado que finalmente empregamos para facer as nosas postais de Nadal. Por aquí vos deixamos unha imaxe da entrada da escola decorada na que podedes ver o resultado final. Agardamos que vos gusten!

E para rematar o trimestre celebramos unha festa na que simulamos as badaladas coas que poñemos fin ó ano 2024 e damos comezo o 2025. O tradicional almorzo con chocolate e churros tampouco podía faltar! Canto nos gusta o Nadal na escola!



VISITA DO APALPADOR

Hoxe foi o derradeiro día de escola deste ano e recibimos unha visita moi especial. O Apalpador, un personaxe moi representativo da nosa cultura, baixou dende as Montañas do Courel para visitarnos e festexar con nos a ledicia tan propia destas datas. A música e o humor encheron a nosa biblioteca! Foi moi divertido!


XELIÑA RECOMENDA