viernes, 30 de enero de 2026

PAZ É PRANTAR UNHA ÁRBORE

Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Paz. Xeliña deixounos no correo o conto O meu olivo que conta a historia de Salam, unha nena de Gaza que obtén a súa fortaleza da comunidade, do amor e dos olivos, que son un símbolo da paz. Isto inspirounos para crear un mural colaborativo.





jueves, 29 de enero de 2026

UNHA NOVA RUTINA, PRÉSTAMO OS XOVES

Hoxe as nenas e nenos de 4º recibiron unha carta de Xeliña, e os carnés da biblioteca. Xa puideron comezar co préstamo de contos!

miércoles, 28 de enero de 2026

O INVERNO É ARTE

Ó longo deste frío mes estivemos experimentando diferentes formas de representar o inverno nas nosas creacións artísticas e murais. Como podedes ver, hai moita variedade pero sempre coincidimos nas cores empregadas, as da gama fría. Podedes ver o proceso e os resultados nas imaxes. Agardamos que vos gusten!