viernes, 29 de mayo de 2026

BYE JESS, THANK YOU AND GOOD LUCK!

Esta semana tocounos despedirnos de Jess, o noso auxiliar de conversa procedente de Filipinas que nos acompañou dende outubro e nos achegou os aspectos máis significativos da súa cultura. Estes últimos días compartiu con nós dous xogos tradicionais do seu país, o piko moi similar á mariola, e o patintero parecido a "polis e cacos". Moitas grazas por este tempo compartido e boa sorte Jess!


miércoles, 27 de mayo de 2026

CONTAMOS CONTIÑOS, COCORICO

Hoxe o noso elenco de actrices e músicas deleitáronos cunha divertida actuación, converténdose en Cocorico, mamá Galiña e Gato Pelado. Despois Cocorico e a mamá Galiña repartiron o biscoito polas clases e propuxeronlle ó alumnado un novo obradoiro de cociña, biscoito de limón como o do conto. Agora toca esperar para que Xeliña nos deixe a receita no correo, pero primeiro temos que pedirlla cunha carta. Así escribir é moi divertido e emocionante! 


viernes, 22 de mayo de 2026