miércoles, 10 de mayo de 2023

Pintamos as nosas cunchas

 Canto estamos a aprender do Camiño de Santiago, hoxe tocou pintar as cunchas propias dos peregrinos




martes, 9 de mayo de 2023

CHARLA FAMILIAS: ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Onte pola tarde achegáronse á escola 2 nutricionistas do Sergas que prestan servicios no centro de saúde de Sarria e da Fonsagrada, para dar unha charla ás familias.
Déronnos varias recomendacións moi útiles de cara á alimentación dos nenos e nenas, explicándoas dun xeito moi visual.
Tamén nos falaron do etiquetado dos alimentos, dos nutrintes esenciais para o crecemento e do rexeitamento a determinados alimentos por parte das nenas e nenos.
Moitas grazas por vir á nosa escola a contestar a todas as nosas preguntas e inquedanzas.



lunes, 8 de mayo de 2023

RETO TRIMESTRAL: CREAMOS UN XARDÍN

 O reto que proposto por Xeliña para as familias da escola este trimestre seguiu relacionado coa reciclaxe, esta vez, coa chegada da primavera, propúxolles a creación dun xardín, empregando material de refugallo.

E como era de esperar mirade o resultado. IMPRESIONANTE!!! 

Grazas familias por participar.