O 21 de marzo celebrouse o día da poesía, e na nosa escola ademais de recitar e ilustrar unha morea de poemas, participamos, xunto a outros centros da comarca, nun acto de homenaxe para reivindicar a figura de Fiz Vergara Vilariño, un destacable poeta desta terra.
miércoles, 30 de marzo de 2022
miércoles, 23 de marzo de 2022
CONTAMOS CONTIÑOS
Coincidindo co comezo da primavera, conmemoramos na escola a semana da Árbore e a Auga e o alumnado de 4º de educación infantil levou para a casa os pequenos carballos que naceron das landras que plantamos na terra este outono. Que mellor ocasión para contar o conto do Carballo con botas de Anxo Moure. Mirade canto desfrutamos!
martes, 8 de marzo de 2022
8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co fin de conmemorar a loita pola igualdade de xénero cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e dende a nosa escola traballámola desta maneira.
Xeliña deixounos no buzón un xogo de puzzles para coñecer a diferentes mulleres pioneiras galegas, sacadas do libro PIONEIRAS, montamos os puzzles e traballamos un pouquiño no que consistía cada profesión, tamén falamos da importancia de que todas e todos podemos facer o que queiramos. E para rematar montamos un mural con todas elas.
A parte disto, na biblioteca, Xeliña tamén nos deixou un montón de contos para seguir aprendendo cousiñas sobre o tema, escollemos algúns e fixemos varias sesións de contacontos.
E xa por último para levar un pouquiño do feito para a casa elaboramos un tríptico con estas mulleres pioneiras e tamén falamos do que nos gustaría ser e fixemos un debuxo.
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...






