lunes, 27 de noviembre de 2023

CONVERTÍMOS EN CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS

 O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Xeliña deixounos unha carta nos buzóns para invitarnos á biblioteca a facer unha morea de experimentos científicos. Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos? Pois prestade moita atención!

O OVO SALTARÍN

Que pasará se deixamos un ovo 48 horas nun frasco de cristal cheo de vinagre? Sabedes que pasou? Que cando o sacamos e o lavamos o ovo rebotou! Mirade as fotos e os vídeos! Foi moi divertido!


FLORES BLANCAS

Para comezar este experimento empezamos falando de como se alimentan as plantas, como hai que coidalas, cales son as partes das flores... e outras curiosidades.

Puxemos unas margaridas brancas en botes con auga e na auga botamos unhas gotas de colorante azul, amarelo, laranxa, vermello e... parece ser que por "arte de ciencia" as flores brancas acabarían desas cores!! 

Quedaron moitos días bebendo desa auguiña de cores e aínda así só conseguimos que se puxeran cun pouquiño de cor. Pero non importa, sabemos que os científicos teñen que traballar moito e que ás veces teñen que repetir os experimentos para que saian perfectos.


ARTE E CIENCIA

Nas mesas de experimentación os máis pequeniños do cole fixeron unhas obras de arte preciosa, usaron bicarbonato e vinagre de cores e mirade o resultado. Encantounos!!

CORES EN MOVEMENTO

Neste experimento , empregamos de novo auga e colorante pero nesta ocasión, colorante de cor azul, vermello e amarelo. Conectamos 6 vasos cun pouquiño de papel absorvente , no vaso da esquerda botamos colorante azul, no central amarelo e no da dereita vermello...

Cal foi a nosa sorpresa que poucos minutos despois, os vasos do medio comezaron a encherse de auga de cor VERDE e LARANXA! 



Despóis por parellas fixemos outro versión das cores en movemento, con papel de cociña, rotuladores e auga.

Este foi o resultado de todos os experimentos. Grazas Xeliña por invitarnos á biblioteca para esta actividade e por regalarnos os carnets de científicos/as.

viernes, 24 de noviembre de 2023

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para conmemorar O 25 N, ao longo desta semana fomos facendo distintos contacontos na biblioteca, de contos que Xeliña nos recomendou, como "Arturo e Clementina", "Te quiero casi siempre", Vivan as uñas de cores",..traballando a importancia do respeto aos demáis e da igualdade de oportunidades entre todos.

Tamén, relacionado co noso PDI: arte en xogo, fixemos unha composición basada na obra "Pop-art" de Andy Warhol. Plasmamos as nosas mans en cartolinas de distintas cores e pegamos un corazón violeta no centro.







lunes, 20 de noviembre de 2023

DÍA DA INFANCIA

 Entre todo o alumnado da escola elaboramos un mural inspirado na obra de Yayoi Kusama. 

Falamos dos dereitos das nenas e nenos, plasmamos as ideas escribindo palabras en círculos de distintas cores, tamén estampàmos corazoóns e o final compoñemos o mural con todos eles.

Para que todas as nenas e nenos teñan a oportuninadae de vivir nun mundo cheo de cores.