jueves, 30 de mayo de 2024

TRABALLAMOS CO ESCORNABOT

Ao longo destes meses, aprendemos a traballar co escornabot. 
O primeiro que fixemos foi presentárllelo aos nenos/as e explicarlles o seu funcionamento. 


En cada aula fixemos diferentes actividades. Coas nenas e nenos de 3 aniños, o xogo foi máis libre, comezamos a mover o escornabot pola aula libremente e tamén fixemos circuitos con pezas de construcción.



Na aula de 4 anos, aproveitando que estaban traballando o conto da "Eiruga comellona", fixemos un taboleiro sobre él. 
Convertimos a escornabot nunha eiruga e tiña que ir pasando por todas as froitas que comeu no conto, en orde, seguindo outras consignas, por cores,...E decir, empregámolo de diferentes maneiras.



E cos maiores do cole, cos de 5 anos, estivemos traballando o conto "Sopa verde", contámolo, e falamos sobre alimentos saudables e non saudables, escribimos na pizarra unha lista.


Nas seguintes sesións, cada un escolleu un alimento e debuxouno, con eses debuxos fixemos tarxetas para o noso panel do escornabot.
E despóis só nos faltaba decidir como empregalos no taboleiro. e pouco a pouco fomos facendo a nosa guía do xogo.
Ademáis do material para o taboleiro, tamén fixemos unhas ruletas para traballar a lectoescritura e a discriminación entre alimentos saudables e non saudables.

Pinchando na imaxe podedes descargar o material elaborado.


E con todo esto puxémonos a xogar.






miércoles, 29 de mayo de 2024

RETO TRIMESTRAL: MÚSICA E RECICLAXE

 Este trimestre o reto que nos propuxo Xeliña foi elaborar instrumentos musicais con materiais de refugallo.


E pouco a pouco a nosa escola foise enchendo de moita música...mirade que obras de arte.






E para que todas as familias puidesen ver todo o que fixeron, as nenas e nenos levaron unha invitación para a casa, para poder vir á escola a ver a exposición.






martes, 28 de mayo de 2024

CONTAMOS CONTIÑOS: SABELA GAGO

 Hoxe Xeliña deixounos correspondencia, unha invitación para unha visita moi especial. Volvía Sabela Gago a contarnos outra das súas historias, pasámolo en grande, moitas grazas.